Traballando contra a Violencia de Xénero

Dende que chegamos a este instituto sempre nos falaron e concienciaron sobre a importancia da violencia machista. A violencia de xénero é un tema transversal de moita importancia dende hai moito. No noso día a día acontecen pequenos actos machistas , os chamados “micromachismos” que seguen afectando a nosa sociedade e son a base encuberta da violencia. Ao principio non lle dabamos moita importancia pero a medida que os recoñeciamos dabámonos conta de que todos os días están presentes na nosa vida.

Por iso, e outros motivos no noso centro, o IES Carlos Casares , traballamos de forma continuada con diferentes metodoloxías: proxectos, talleres, saídas pedagóxicas, nesta nosa revista e incluso con dúas materias ambientadas neste tema que axudan a guiarnos e informarnos.

En 1º e 2º de ESO temos unha optativa chamada Igualdade e Sociedade Inclusiva respectivamente , na que a nosa profesora , nos guía e informa con motivadoras charlas ou audiovisuais para a nosa iniciativa feminista ou igualitaria e para a nosa conciencia ou cambio de ideas. Infórmanos de que hai tráfico de nenas noutros países, maltratos, ou os antes mencionados micromachismos. A igualdade é a base da loita contra a violencia de xénero.

Neste curso , o alumnado de 1 ESO na materia de plástica traballou nun poxecto de imaxe gráfica e lemas convocado pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa con motivo do 25 de novembro no que reflexionaron no recoñecemento do amor tóxico nas primeiras relacións, poñendo pois a foco na prevención da violencia de xénero. O alumnado de 2º de ESO pasou á acción co tema dos micromachismos realizando unha pancarta que falaba dos xoguetes sexistas e participando en Enlaza Vigo.

Nas aulas de matemáticas estudamos mulleres científicas e matemáticas, e en lingua lemos O Diario violeta de Carlota,  que dá resposta a moitos interrogantes sobre a desigualdade entre xéneros, descobre situacións inxustas para a muller e serve para detectar cando actuamos segundo modelos impostos.

O Consello de redacción desta revista (formado por alumnado voluntario de toda a ESO) traballou sobre a violencia de xénero agochada nas letras das cancións que escoitamos a diario realizando o seguinte audiovisual.

Con todo, non todo o profesorado traballa nas súas respectivas aulas neste alarmante problema, que nos parece moi importante para a nosa educación.

Ángel Cid e Laura Rouco. 2º de ESO