Volta ós anos 20 con Gatsby

Non é a primeira vez que este grupo teatral, especializado en versións educativas de grandes obras, ven ó noso centro.O nove de marzo representouse no auditorio do noso instituto unha obra de teatro en inglés, The Great Gatsby, a cargo da compañía Clever Pants.

Chamounos a atención a capacidade de improvisación dos actores e a súa facilidade para representar máis dun papel. Foi unha obra interactiva na que fixeron participar ó alumnado, incluso subindo a compañeiros elixidos ó chou ó escenario. Foi amena e divertida, conseguindo facer algo cómico dunha obra de F. Scott Fitzgerald que xa é un clásico da literatura norteamericana e universal.

FOT_díaadía_9032015_ThegGreatGatsby_01_DavidVillar_EDIT

 

 

TEXTO: Fernando Carrera, 3º ESO sección bilingüe/ FOTO: David Villar

Tags: ×