Tecnóloga por un día.

P _Bos días, hoxe esto coa alumna de primeiro de bacharelato e gañadora do concurso “Tecnóloga por un día” Aldara Suárez. Bos días Aldara.

R _Bos días.

P _De que trata o proxecto “Tecnóloga por un día”, co que gañaches?

R _O proxecto ao que asistín consistía en pasar un día na empresa SIVSA, unha empresa de avances tecnolóxicos.

P _Interesante. E de que forma se elixía ao ganador?

R _Pois mediante sorteo entre todos os que o solicitaron.

P _E que fixeches na empresa?

R _Cando cheguei á empresa primeiro tiven que esperar cinco minutos aproximadamente. Despois leváronme con Marta, unha investigadora que traballaba no I+D, que me levou a unha sala particular onde me explicaron en que consistía o I+D. e as cousas que estaba facendo nese momento. Xusto concidiu que estaba facendo a parte máis aburrida, polo que decidiu explicarme o proxecto que estaban a facer. É unha máquina médica basada en intelixencia artificial para poder recoñecer os problemas nos riles.

P _Unha pregunta que che fago, que é o I+D.

R _ O I+D é a zona onde se desenvolven os proxectos. Neste caso estaban traballando conxuntamente cun hospital para facilitar as diagnose de enfermidades nos riles.

P _E que máis fixeches?

R _Pois estiven 1 hora aproximadamente con ela e despois leváronme onda o deseñador gráfico, que era o único da empresa porque esta dedícase a traballos de programación. Explicoume o mesmo que ía traballar cuns nenos cando lles dese unha clasea a seguinte semana. Nesas clases aprendín como aplicar a física para deseñar programas como videoxogos. Despois ensináronme algúns traballos que fixeron para outras empresas. Cando rematamos fomos xunto á responsable de temas económicos. Nese momento tiveron un fallo tecnolóxico polo que puiden ver como traballaba e despois explicoume o código de programación que empregaban habitualmente. Por último volvín co deseñador e explicoume como deseñar unha páxina web.

Iker Cameselle

Tags: ×