Té con Kant

 

Trala presentación humorística do noso benquerido alcalde dando publicidade ao novo dinoseto próximo a instalar, gozamos dun diálogo de dúas actrices con nós, o público.

Interpretaban o papel de mulleres burguesas do século XVIII que vivían na mesma cidade que Kant e, a través dun buraco de verme, chegaban a Vigo na actualidade.

A obra conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e coa ironía. Reflexiona sobre a decisión entre quedar na nosa cidade ou volver a través do túnel espazo-temporal á Alemaña da época. Para esta decisión recorren ao tema do ben cara á comunidade e a un mesmo, moi característico e recorrente en Kant.

 

Nazaret e Salomé. 2º Bacrarelato.