Somos booktubers

O curso pasado o alumnado de segundo de ESO, de maneira voluntaria, fixemos de “booktubers”, xa sabedes, vídeos onde se recomendan e/ou se opina sobre libros. Grazas a un destes vídeos, que presentamos ao concurso “Reto Lector” da Editorial Galaxia, conseguimos quedar entre os mellores concursantes e recibimos un premio. A continuación tedes o vídeo en cuestión e, se facedes clik nesta ligazón, podedes ver a páxina da entrega de premios.

 

 

En xullo entregáronnos o premio e o día no que tiñamos que recollelo Uxía, unha das gañadoras, estaba a durmir placidamente. De súpeto, unha chamada inesperada alarmouna. Procedía dunha profesora do noso instituto, que, cansada de enviarlle mensaxes sen recibir resposta, decidiu chamala. Cando Uxía, aínda máis durmida que esperta, colleu o teléfono, ergueuse dun salto co susto, pois Almudena estáballe a dicir que tiña que estar na Editorial Galaxia en… media hora! Vestiuse rapidamente e, sen almorzar, saíu da casa a esperar a mestra, que ía recollela para levala ao encontro. Mais esta tardaba moito en chegar e non collía o teléfono. Tras superar un grande atasco, apareceu e a gañadora conseguiu acudir a reunión a tempo.

Unha vez alí, reproduciron os vídeos gañadores, comentáronos entre todos e pasaron á entrega de premios. Un IPAD para a primeira e un fantástico lote de libros para os restantes. “Unha experiencia marabillosa, que repetiría sen dúbida”. Finalmente, tiveron unha merendola para celebralo.

E xa para rematar, deixámosvos outros dous vídeos máis que tamén fixemos o ano pasado.

Manuel Trincado