Sete cantigas nunha vidreira

A partir do século XIII comeza a furia construtora. As catedrais convértense en verdadeiros prodixios de imaxinación e técnica. A carón da súa construción xorde outra arte relacionada coa luz e coa imaxe: as vidreiras. Nelas represéntanse historias, son fieis documentos sobre a vida naquela época, sobre as lendas, sobre diferentes crenzas medievais ou tamén unha maneira de transmitir a historia relixiosa e profana.

As alumnas de 1º de Bacharelato da materia de Debuxo artístico transmiten nesta fermosa vidreira a historia que se agocha nas cantigas de Martín Códax do pergamiño Vindel.