Segunda sesión de Cinensino para o alumnado de 1º Ciclo de ESO

A última proxección de Cinensino tivo lugar o mércores 6 de maio. A ela asistiron as tres clases de 1º e 2º de ESO. Nesta ocasión, os organizadores do programa elixiron a película Diamantes Negros para traballar na aula.

Este filme, baseado en feitos reais, contaba a historia de dous mozos de Mali que son captados por un boxeador de fútbol. Logo de pagar 2.000€, as familias envían os seus fillos a Europa, coa seguridade de que xogarán nun grande equipo.

Dous adolescentes que se enfrontan a un país novo, á presión que recae sobre eles e á distancia que os separa dos seus seres queridos. Sen dúbida unha película moi triste, pero moi real, aínda que só é valorada polos máis pacientes, xa que se desenvolve a un ritmo moi lento, sen acción.

Con críticas como “Denuncia desde la emoción” e con premios nos festivais de Málaga, Sevilla e Montreal, entre outros, Diamantes Negros trata un tema tan de actualidade nestes meses.

FOT_DíaADía_11052015_DiamantesNegros_01_EDIT

TEXTO: Enrique Rabadan/FOTO: Internet