Os monstros atacan o Casares

 

Como cada ano celebramos o noso especial e único Samagostín o día 30 de outubro. En 2014 a tradición persiste volvendo un ano máis co terrorífico e espectacular concurso de decoración de cabazas e disfraces. Animándose tamén a disfrazarse algúns profesores e profesoras.

Ao concurso de cabazas presentáronse varios exemplares tallados á man. A gañadora foi creación da alumna Noa García Nogueiras do curso 1º ESO C.  Nela observábase un verdadeiro retrato, con todo tipo de detalles, tallado na cabaza. 

O segundo concurso consistía en premiar os mellores disfraces. A  participación foi maior:  os corredores do centro escolar estaban ateigados de  alumnas, alumnos e algúns profesores guiados polo espírito de Samaín: dende osos panda ata zombies viventes. Os gañadores na categoría de comparsa foron:  Jesús Giráldez, Martín Giráldez e Xian Faro; e na categoría de disfraces individuais: Uxía Cosquet e Diego Anido.

 

TEXTO: Ana García & María Alonso / FOTOS: Almudena