Novena edición do noso Samagostín

Coma todos os anos, no noso centro celébrase o Samagostín, unha mestura entre o Samaín e o Magosto. Este ano coincidiu en xoves, o 29 de outubro. Logo teriamos unha gran ponte para repoñer forzas. Víronse disfraces moi orixinais e terroríficos, como bonecas diabólicas, demos, bruxas, zombies… e os profesores tiveron unha moi orixinal idea, disfrazarse de bonecos vudú que facían dano , como os propios bonecos vudú, aos profesores de cada unha das materias que representaban.
Ao concurso presentáronse moitos monstros, asasinos en serie, personaxes de películas típicas de medo e ata aliens. A ganadora na categoría individual foi Ruth Carrera, de 3ºB, disfrazada de boneca diabólica. Na modalidade de comparsa gañaron Sara, Aniana e Ana, de 2º de Bacharelato, disfrazadas de medusas.
No concurso de cabazas presentáronse diferentes tipos de cabazas, e todas talladas á man. O ganador foi Xián Pérez, de 1º C da ESO.

 

[wzslider]

Fotos: Naia Goiriz e Lidia Zemiri
Texto: Vanja Veiga