Sabemos que o planeta é a herdanza que nos vai quedar…

Así comeza o manifesto que o alumnado de 2º de bacharelato realizou en defensa do planeta para o 15M Climático.

“…a crise climática xa foi solucionada. Xa temos todos os datos e solucións. O único que temos que facer é espertar e cambiar. Por que debería estar a estudar por un futuro que pronto non existirá cando ninguén está a facer nada en absoluto para salvar ese futuro?” Greta Thunberg

Aínda que todo isto do medio ambiente poida parecer para algúns como algo ‘pasaxeiro ou de moda’, a realidade é que se non aprendemos a convivir coa natureza, isto non é algo novo, isto xa o facían os nosos antepasados (avós, bisavós etc), a natureza vai obrigar a facelo á forza por medio de desastres naturais, este é o momento de utilizar a nosa intelixencia para non chegar a eses extremos e volver aprender a respectar a natureza empezando polas educacións nas aulas. Por non estar incorporada como materia nos plans educativos é necesario dar respostas encamiñadas a xerar unha cultura ambiental e cidadáns concienciados/as coa importancia do coidado do noso planeta.

Neste curso quixemos dar un impulso á concienciación ambiental do alumnado comezando pola reciclaxe, colocamos contedores selectivos en cada planta do IES e participamos en Pilabot , no concurso, entre os meses de novembro a febreiro, recollemos cincocentos cincuenta e cinco quilos de pilas, baterías e acumuladores.

Pesando os bidóns do noso centro

O alumnado de 2º de bacharelato implicouse de maneira especial e aproveitamos para traballar de xeito interdisciplinar nas aulas de Ciencias da terra e Debuxo artístico nunha campaña para concienciar ao resto da comunidade educativa. Fixeron traballos moi bos pero Tempada primavera-verán 2027 foi a máis chamativa.

https://drive.google.com/file/d/1VOCpV71j7Hb1ozWyMwZzEVaQx4ef8lVz/view

Almudena Lacomba. Vicedirectora