
– Cal é o teu nome completo?
O meu nome completo é Ronald Reddy.
– De onde es?
Son de Sudáfrica.
– Por que viñeches aquí?
Porque os meus fillos viven aquí.
– Cal foi a túa primeira impresión de España?
Que ten un bo clima.
– Que pensas sobre o nivel dos estudantes españois?
Hai moita diferenza entre os diferentes niveis.
– Canto tempo levas en España?
Levo en España tres anos e medio.
-Entendes o español ao completo?
Non, ninguén pode saber todas as palabras dun idioma.
– Que consello lle darías a alguén que queira dar clase nun país estranxeiro?
Tes que obter unha titulación superior para ensinar en Inglés.
– Que é o que botas de menos do teu país?
Boto de menos os animais, a miña familia, os meus amigos, a música, a cultura…
– Estiveches ensinando noutros países?
Si, en Irlanda, en Dublín en concreto.
-Que estudaches?
Primeiro estudei arquitectura (maquetista) e despois estudei inglés.
-Cantas linguas falas?
Falo inglés, africano e español.
– Por que sempre levantas a túa cella?
En serio? De verdade?
– Cal é a túa opinión do Carlos Casares?
É un bo instituto, con bos profesores e con bos alumnos.
– Que querías ser de pequeno?
Gustábame a idea de ser arquitecto ou deseñador de coches ou de edificios. Gustábame construír edificios coas pezas de LEGO.
– As mozas e os mozos din que chanceas moito con elas e eles, é verdade?
Si, sempre, con todo o mundo.
-Es feliz co teu traballo?
Si, son moi feliz co meu traballo.
-Como viñeches a España?
Vin en avión.
-Viaxaches a algún outro país?
Sí, a varios países, como Escocia, Inglaterra, Gales, ao Norte de Irlanda, Portugal, Francia, España, Singapur, Alemaña…
E para rematar…
– Cantos anos tes?
Teño 40 anos.
Texto: Iria Puga e Lucía Pérez. Foto: Kevin Carvalho