Fernando, profesor de Tecnoloxía, levou os 11 alumnos e alumnas de 4º desta materia aos talleres organizados pola Fundación Barrié. Desde o martes e ata o venres pasarían uns 800 profesores e alumnos dende quinto de primaria a bacharelato e ciclos formativos.
Oito monitores formados por Igaciencia traballan cos alumnos, explícanlles a linguaxe da robótica e as súas partes físicas, os programas que se utilizan, a importancia dos sensores e como responde o robot máis tarde. Os alumnos divídense en grupos e deben conseguir unha serie de desafíos.
Os organizadores supervisaban os talleres porque “é unha actividade de futuro”, indica Inés Ben. A robótica está moi presente nas empresas.
Onte, non se escoitaba nin un chío, con decenas de escolares fascinados coas explicacións dos monitores e entregados ás súas propias creacións.
Igaciencia é unha asociacion cuxa finalidade é a difusion e promoción da ciencia e organiza numerosas actividades cada ano.
Texto: Ruth Carrera.Fotos: Fernando Fuentes.