Resposta do Sr Director á carta do alumnado de 2º de ESO C

Estimado alumnado de 2ºC:

No referido aos  servizos, decirvos que a todos nós  gustaríanos que estiveran  mellor,  máis limpos, máis novos…  pero iso supón un gasto que o instituto non pode asumir e os que están por enriba de nós non o consideran prioritario.

O do papel  e xabón paréceme moi  axeitado, pero tedes que saber que noutros   cursos  os houbo e decidimos quitalos  polo mal uso que se facía deles, por exemplo os rulos de papel  ian  aos retretes e  os atascaban. Os vosos representantes no Consello Escolar sacaron o tema e quedamos en estudialo porque nós vémolo razoable.

As cuestións de  2ºC son para tratalas co voso titor; como da a “casualidade “ que son eu, decirvos  que tódolos cambios intentados ao longo do curso son pensando en mellorar o rendemento de cada un de vós e que si hai que facer estas cousas é porque os resultados son malos e sabemos que poderían  ser moito mellores.

O das faltas de respecto non é admisible. O profesorado é moi respectuoso co alumnado en todo e tamén niso que plantexades da  vestimenta. Non hai  normas sobre ese tema e a ninguén se lle ten proibido  a  súa maneira de vestir.

 Para rematar, decirvos que está moi ben que plantexedes  cuestións de todo tipo e que espero que o fagades sempre que non estedes de acordó con algo; pero  tamén é bo que saibades que, ainda que, as veces, poidamos equivocarnos, todo o que fai o profesorado é pensando no mellor para vós.

 Un saúdo.

Carlos Bartolomé Herranz.