Remo Vigo

O clube de REMO VIGO,é un centro deportivo no cal podes pasar un momento divertido cos amigos e, ademais facer exercicio e despexar a mente despois de estudar ou facer algunha actividade diaria que resulte dificultosa ou extresante. Nel podemos practicar remo olímpico, que aínda que é un deporte que se practica no río, aquí en Vigo é posible realizalo na dársena de Bouzas, debido a que alí as augas da ría están máis tranquilas.
Este deporte abarca diferentes modalidades segundo o número de remeiros que entren no barco e o número de remos de cada remeiro (1 ou 2). Os barcos que levan un remo por remeiro chámanse SIN, por exemplo o de dous remeiros sería un dobre sin. O DOBRE SCHOOL  é o barco de dúas persoas con dous remos cada unha…. Outros dos botes máis comúns son os de catro e oito persoas, que ademais poder ter patrón ou non. O patrón é a persoa que se encarga de dirixir o temón para que o barco non choque contra nada e de darlle as ordes aos remeiros para que viren, ceen, etc. Adoita ir tumbado nunha recámara do barco en dirección contraria ós remeiros para poder ver con claridade os obstáculos que se poídan atopar diante do barco. O barco divídese en proa (parte traseira) e popa (parte dianteira).
No ximnasio pódese practicar todos os días dende ás 6 da tarde ata as 9, dependendo da categoría á que pertenzas. Tamén hai dúas semanas gratuitas para probar ou ben saíndo a o mar ou adestrando no ximnasio.
Así que, xa sabes , non te esquezas de ir  probar! Se estás buscando un deporte para entreterte, ánimo!!!!!Atrévete!!!!!!

Héctor Solla Montenegro 3ºC.

Tags: ×