Remate final

Por fin demos rematado o curso!!! E coma sempre cunha xornada lúdica nas illas Cíes.

Gústanos especialmente esta saída porque é unha festa de toda a comunidade educativa; conserxe, administrativo, persoal da cafetería, ex-alumnado, alumnado, ex-profesorado e profesorado (case catrocentas persoas), unímonos para gozar dunha xornada alegre e divertida como recompensa dun longo curso co traballo ben feito.

Pasamos un espléndido día de sol ferinte, xogos na praia… e como xa é tradición subimos coa rapazada de 1º de ESO (non de 1º ciclo de ESO porque os/as de 2º sempre se perden…, non sabemos como o fan, co marcadiña que está a ruta…) ao faro grande, onde Carlos, o director, se empeñou en facer o selfie que acompaña este texto.

Texto: Almudena. Foto: Carlos.