Queda moito por traballar para mellorar a autoestima

Dentro do Proxecto Querote+ desenvolveuse a siguinte actividade:

Parte dos alumnos e alumnas de 3º ESO elaboraron un cuestionario sobre a autoestima durante as aulas de matemáticas.
Contestaron a enquisa un total de 73 alumnos e alumnas de todos os terceiros do IES Carlos Casares.

Os titores repartiron as enquisas na hora de titoría da segunda semana do mes de maio. Unha vez que acabaron de responder a enquisa, o alumnado foi dividido en grupos de sete ou oito persoas, aos que se lles derón varias enquisas e matrices onde fixeron o reconto das respostas.

Agrupáronse todas as matrices nunha soa. E a partir desa matriz fixéronse as táboas e as gráficas na aula de informática.

Fixeron unha presentación dixital das gráficas (autoestima-pdf), e editaron un video elaborado con  fotos do alumnado do grupo con carteis sobre a temática confeccionados por eles. Recompilaron información sobre a autoestima. Realizaron as exposicións deste traballo durante as horas de titoría ante os seus compañeiros. Velaquí parte das exposicións:

 

Na maioría das preguntas da enquisa asociouse a cada resposta unha puntuación en autoestima do 0 ao 2. Calculouse a media da nota de autoestima, obtendo 1,26 sobre 2. SERÍA UN 6,3 SOBRE 10.“BEN”.

Aínda que a nota media en autoestima é boa, apreciamos que un 20% do alumnado elixe respostas con nota asignada de autoestima cero.

Texto: Rosa Gómez.