Que personaxe de Samaín es?

Tes alma de pantasma? Fas conxuros polo baixo nas clases? Mordes a lingua por non morder pescozos? O teu refuxio favorito é un ataúde?

Queres saber que personaxe de Samaín es? Responde a estas preguntas e vai anotando as cores das respostas que das.

1 – Como che gusta asustar á xente?

  1. 🟢 Pegando un susto polas costas.
  2. 🟣 Cunha risa malévola.
  3. 🔴 Mordendo.
  4. ⚫ Facendo o morto.

2 – Que non che gusta?

  1. 🟣 A crema hidratante.
  2. ⚫ Os lobos.
  3. 🔴 O zume de cabaza.
  4. 🟢 As mates.

3 – Que levarías a unha fraga escura?

  1. ⚫ Unha tumba.
  2. 🔴 Bombas de fume.
  3. 🟢 Unha lanterna.
  4. 🟣 Unha vasoira voadora.

4 – Que che gusta comer?

  1. 🔴 Cabeza de cabalo.
  2. ⚫ Pan.
  3. 🟣 Sopa de ollos de lagarto.
  4. 🟢 Polo.

5 – Como che gusta vestir?

  1. 🔴 Con roupa larga.
  2. 🟣 Con roupa colorida.
  3. 🟢 Con gafas de sol.
  4. ⚫ Elegante.

6 – Cal é a túa cor favorita?

  1. ⚫ Gris
  2. 🟢 Branco
  3. 🟣 Morado
  4. 🔴 Negro

7 – Que superpoder che gustaría ter?

  1. 🟢 Atravesar paredes.
  2. ⚫ Descompoñerte.
  3. 🔴 Converterte nun animal.
  4. 🟣 Voar.

De que cor son a maioría das túas respostas?

🔴 Vermello

O teu é sair correndo no recreo para pedirlle a Raquel un zume de tomate, disfrutas nas clases nas toca peli porque están as persianas ben baixiñas e aprobas as mates gracias ao teu curmá o Conde Draco. Querid@ vampir@, esperamos que na túa casa non se lles de por facer un alioli para celebrar o Samaín e o disfrute moitísimo.

🟣 Morado

Gustaríache vir a clase co teu querido gato negro, no laboratorio de química triunfas sempre e consideras un absurdo coller o bus so porque no instituto non hai aparcadoiro para vasoiras. Bruxiñ@ dos meus amores, este Samaín prepara un bo feitizo para a diversión e pasao moi ben

🟢 Verde

Saes de marcha coa Santa Compaña, ninguén se queixa de que arrastras os pés e estás cans@ de aprender os poemas máis bonitos e que cando os recites a xente diga que deixes de facer ruidiños como “buuuu” e “aaaaahhhh” que lles da medo. Pois xa sabes o que toca este Samaín, panstamiña meu, lavadoras e lavaoras de roupa branca, que din que vai vir bo e hai que aproveitar que seca mellor a roupa.

⚫ Negro

Bailas coma ninguén no instituto, no laboratorio de Bioloxía está a túa tía Dorinda facendo de modelo e non che importa que te tiren terra encima. Este Samaín mereces unha viaxe a México, pintar a cara de cores e bailar unhas cuantas rancheras.

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará