Que hai de novo?

Pois bastantes cousas… De momento comezamos o curso con materias novas como o Proxecto Integrado para 1º de ESO, os Valores éticos (como alternativa á Relixión) en 1º e 3º de ESO e mais 1º de Bach e materias de libre elección para 1º de Bacharelato como Debuxo artístico, Cultura científica e Robótica.

Por outra banda xa arrincamos co Plan Proxecta. Neste curso, e coma sempre, CLASES SEN FUME para 1º de ESO, SALVAVIDAS para 1º e 2º de ESO, QUÉROTE para todos os terceiros de ESO, METEOESCOLAS para 3ºPMAR e 4º D e dous programas novos, para nós e para a Consellería : APRENDO PROGRAMANDO e MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA.

E un proxecto de grande envergadura dirixido polo Equipo de Dinamización Lingüística para todo o alumnado do centro que leva por nome GALAXIA CASARES. Nel queremos pór en valor a figura do escritor que dá nome ao noso IES, así como que toda a comunidade educativa coñeza un pouco máis da súa obra e da súa persoa. Iremos dando conta dos nosos progresos segundo avance o curso.