METEOESCOLAS: QUE CHOVA!

FOT_diaadia_11052015_meteoescolas_01_AlumnosDIVER_EDIT

Os alumnos e alumnas de 3º de DIVER : Iria, Rebeca, Cristian, Lucia, Samuel e Junior, encargámonos  este curso 2014-15 de facer medicións de distintas magnitudes na Estación Metereolóxica situada ao lado do aparcadoiro.

Todos os días lectivos, no primeiro recreo, baixamos ata a estación para  medir  a temperatura, presión, precipitacións e porcentaxe de humidade. Con estes datos estivemos estudando o clima no contorno do IES.

Medimos a Temperatura Máxima (que correspondía ao  día anterior) e a temperatura mínima co termómetro instalado na caseta.

A partir da temperatura do termómetro seco e húmido, calculamos a porcentaxe de humidade

A Presión mídese co barómetro en mm de Hg

Tamén se miden as precipitacións en mL, utilizando unha  probeta.  Logo,  mediante un factor transfórmase a medición  en L/m2

Todas as medidas foron rexistradas nunha taboa e, unha vez ao mes, introducíanse os datos na web de meteogalicia para,  posteriormente,  realizar as gráficas.

TEXTO: Vanja Veiga / FOTOS: Ana Barcón