Proxecto Terra

O alumnado de 1º ESO participa no Proxecto Terra, unha actividade que consiste en reflexionar sobre a singularidade das construcións de Galicia e a importancia de conservalas.

Con anterioridade, fixéronnos moitas preguntas na clase sobre a arquitectura galega e estranxeira, as súas estruturas e os seus materiais e logo o 25 e 26 de abril, fixemos unha viaxe a Allariz.

Primero fomos a Santa Mariña de Augas Santas, onde nos contaron a lenda da Santa, nos ensinaron a igrexa e nos explicaron de que estilo era. Logo a guía levounos a un antigo crematorio, onde intentaron queimar a Mariña, pero logrou saír e foi refrescarse a un pozo, que tamén nos ensinaron. A última parada da mañá do primeiro día fixémola nun castro, no que só se conservan as vivendas romanas, de forma cadrada.

Pola tarde, leváronnos ao Rexo, a única granxa española que producía queixo de ovella. Quedamos impresionados ao descubrir que o 60% de leite de ovella en España era daquela granxa. Ensináronos unha colmea de abellas (baleiro), pero sobre todo explicáronnos como vivían as ovellas e como as munguían. Tamén nos metemos entre elas e vimos un año. Por último ensináronos á cámara de maduración e probamos o queixo. Na granxa había un burro, Pancho, e unha cadela moi simpáticos e xogamos con eles.

Máis tarde fomos ao albergue e fixemos o reparto de cuartos. Por fin puidemos cambiarnos, estabamos empapados pola chuvia.

Ao día seguinte, espertamos cedo para visitar Allariz e fixemos unha ruta polos museos e igrexas do municipio. Comezamos por ver a igrexa e continuamos polo Museo do Xoguete, onde vimos xogos antigos e nos contaron a historia do edificio e como chegaron alí os xoguetes. Despois fomos ao Museo da Moda, alí ensináronnos como se fabricaba o liño e a evolución da moda, tamén había unha pasarela onde desfilaron algúns dos nosos compañeiros e compañeiras. Finalmente visitamos o Museo do Coiro, explicáronnos como se facía e entramos na fábrica.

Ao rematar, volvemos ao albergue para comer e deixáronnos tempo libre ata que chegou o autobús para levarnos á casa.

Foi unha viaxe moi divertida e aprendemos moitas cousas interesantes sobre Galicia, a súa historia e os seus edificios.

Helena Novas 1ºA