O alumnado de 3º ESO dos grupos B e C, coa axuda das profesoras Pilar Carro, Almudena Rouco, Fernando Fuentes e Almudena Lacomba, participou no Proxecta Aprendo Programando.
Nas aulas de Plástica distribuíronse os grupos e deseñouse o bosquexo. Nas horas de Tecnoloxía aprenderon conceptos básicos referidos á programación, visualizaron e comentaron a páxina web “Código Octopus”, tomaron contacto tamén coa ferramenta de programación Scratch.
A partir de aí comezou o traballo duro: a elaboración dos diferentes programas e a montaxe final.
O proxecto resultou unha experiencia enriquecedora e da que aprendemos tanto nós, como profesores e o noso alumnado.
[wzslider] Velaquí algunha fotos do seu traballo.
E o enlace ao traballo final Os minixogos do camiño de Santiago