PRIMEIROS PASOS NA UNIVERSIDADE

FOT_diaadia_13052015_excursionuniversidade_01_Rosa_EDIT

O Carlos Casares deixa pegada, e se non que llelo digan aos antigos alumnos que visitaron o centro o xoves, 30 de abril.

O alumnado de Bacharelato asistiu a un faladoiro excepcional: os actuais universitarios contaron as súas experiencias neste primeiro ano de carreira. Viñeron alumnas e alumnos de Matemáticas, Ciencias do Mar, Económicas, Filoloxía Hispánica, Enfermería, Telecomunicacións e Enxeñería Industrial, das Universidades de Vigo e Santiago.

Estes  universitarios relataron as súas experiencias neste primeiro ano de carreira: a distribución que existe entre as materias, as horas teóricas e prácticas, que son os créditos e as diferenzas entre a vida en residencia universitaria e piso de aluguer, insistindo moito na necesidade de marcar unhas normas comúns a todos que faciliten a convivencia. Todas e todos destacaron a importancia de estudar fóra e lonxe da familia,  tanto para a formación académica como para a formación persoal de cada un.

TEXTO: Alba Cobo, Alba Pérez, Carla Rodríguez, Jessica Esquilino e Mara Alonso, 1ºF / FOTOS: Rosa

FOT_diaadia_13052015_excursionuniversidade_02_2015_EDIT