El camino de vuelta é unha película sobre a importancia da autoestima. Duncan, o introvertido adolescente protagonista encontra, no transcurso das vacacións de verán, o seu lugar e a forza suficiente para enfrontarse ao seu padrasto. Ao comezo do verán, Duncan era o que chamamos un “marxinado”: non se relacionaba con ninguén e era demasiado introvertido. Ao longo do verán vai coñecendo xente que o axuda a valorarse: encontra un traballo que lle gusta, experimenta o amor e, por fin, consegue desfacerse de todo o odio e raiba que tiña cara á parella da súa nai.
Nesta actividade participou o alumnado de 2º e 1º de ESO do Carlos Casares, así coma alumnado doutros centros da cidade de Vigo. Foi toda unha experiencia que nos ensinou moito sobre a vida e sobre a maneira en que as drogas afectan as persoas. Esta saída forma parte da actividade “Clases sen fume” que se realiza no noso centro. A través da película decatámonos de que non debemos caer nas drogas, pois estariamos danándonos a nós mesmos e aos do noso arredor; debemos crer en nós mesmos, nas nosas posibilidades. Unha experiencia educativa que nos fará ver o mundo con outros ollos
TEXTO: María Vila / FOTOS: Almudena Lacomba