Presentámosvos a Micro

micro1

O pasado venres 20 de novembro, o grupo de 2ºC e parte de 4º fixemos unha visita ás instalacións de Tecnópole.

Ao longo de toda a mañá asistimos a diversos relatorios  dirixidos  por diferentes especialistas, neles aprendemos moito. Máis tarde fomos ver uns traballos e proxectos presentados ao concurso na categoría de investigación, parecéronnos bastante innovadores e ben traballados. Pasámolo moi ben, fixéronnos ver moitas curiosidades sobre a luz e aprendemos moitísimo. Cada vez estamos máis preto das espadas láser!!!!

 

FEITO POR: SIRA E AIXA 2ºC