As batallas de rap.

As batallas de rap son un subxénero dentro da comunidade do rap. Tratan do enfrontamento entre dous rapeiros ou rapeiras (tamén coñecidos como MC´s ou Mestre ou Mestra de cerimonias) que intentan responder de forma improvisada aos versos que o outro MC lle di.

Hai diferentes formatos de batalla, destacan a chamada 4×4, que consta de dous minutos nos que os rapeiros/as lanzan punchlines (os seus versos) durante 1 compás de forma salteada; a batalla a minutos, na que cada MC terá dous minutos para rapear que se reparten da seguinte maneira: A-B-B-A; batalla a medio patrón, na que un rapeiro dirá os dous primeiros compases dun patrón e o seu adversario/a terá que completar os outros dous de forma coherente e intentando enlazar un punchline; e a batalla con formato FMS, que consta de 5 tipos distintos de batalla combinados nun. As batallas soen durar entre 5 e 10 minutos agás a batalla formato FMS que dura aproximadamente 25 minutos.

Os mellores e máis galardoados rapeiros son o español Chuty e o mexicano Aczino. Os dous teñen unha rivalidade moi envexable, xa que fóra dos escenarios teñen unha boa amizade. Chuty é bicampión nacional de España de Redbull e actual campión internacional de BDM e Supremacía; mentres Aczino é tricampeón nacional de México de Redbull e actual campión internacional da mesma competición.

Iker Cameselle Hermida 3ºC

Tags: × × × × × ×