Polis, profes por un día

O alumnado de 4º da ESO recibimos o día 17 de outubro a visita de tres membros da policía local de Vigo que nos viñeron  impartir unha charla sobre seguridade vial.

Comezaron dándonos datos sobre os atropelos e as zonas de maior concentración destes, que para a nosa sorpresa son os pasos de peóns. Loxicamente estes accidentes non se producen en pasos de peóns regulados con semáforo, senón que teñen lugar cando a xente fai un mal uso deles e pasa cando non debería facelo ou sen precaución. Relacionado con isto, explicáronnos o tema da distancia de freado dun coche, é dicir, a capacidade de reacción da persoa que esta ao volante e saber cando e seguro cruzar cun coche aproximándose. Nesta capacidade tamén inflúen os efectos das drogas ou o alcohol e para poder demostrárnolo un voluntario puxo unhas lentes que podían simular o efecto que ten o alcohol sobre nós.

Para poder solucionar situacións de emerxencia neste tipo de accidentes ou calquera outro é importante o coñecemento da RCP, para así poder manter a circulación do sangue nunha persoa que está inconsciente mentres chegan as emerxencias. Sen dúbida ter estes coñecementos é esencial para calquera persoa, nunca se sabe cando se dará unha situación así, nese momento, saber como reaccionar pode ser crucial para salvar unha vida.

IMG-20181017-WA0016
Nesta imaxe o noso compañeiro Raúl está practicándolle a RCP ao moneco de probas.

polis

E nesta última Pilar, Pablo e Roberto, os policías que viñeron a impartir a charla.

Kevin Pérez e Daniel Bugallo 4º

Tags: × × ×