Plan Proxecta

Como todos os anos, o noso centro participará nunha serie de actividades no marco do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Toda información sobre este plan pode atoparse facendo clic neste enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta. Neste curso, no noso IES desenvolveremos os seguintes programas:

  • Os alumnos de 1º de ESO participarán en Clases sen fume.
  • En 2º ESO desenvolveranse os programas Educación en valores e cidadanía global, e Aprendo programando.
  • En  3º de ESO seguirán, coma todos os anos, participando en Quérote +.
  • Para 4º de ESO e PMAR o escollido é Meteoscolas. 
  • SalvavidasXente con don son as modalidades seleccionadas para traballar cos alumnos de 1º de Bacharelato.
  • Ademais, todos os niveis do centro estarán implicados no proxecto de innovación en dinamización lingüística, que levará por título Casariándonos e será unha continuación do traballo realizado o pasado curso no proxecto Galaxia Casares.

Laura e Helena

.plan-proxecta