PILI

Estes últimos anos, o noso concello está a dar unha bolsa para todo o alumnado que obteña na nota un  7 ou máis na materia de inglés en segundo da ESO. A actividade consiste en que a rapazada goce dunha estancia nalgún lugar do Reino Unido para que mellore o seu inglés e coñeza os seus costumes.

No noso intituto, moitos estudantes participaron no proxecto e gozaron desa estancia en terras estranxeiras.

Este ano marchamos o 21 de setembro dende o aeroporto de Vigo, onde as familias se despediron dos seus fillos dexesándolles o mellor. Nos primeiros días instaláronnos nas vivendas correspondentes e adaptámonos ao horario. Xa a comezos da primeira semana, tivemos que asistir ás xornadas lectivas, que son as mesmas que en España. O primeiro que fixeron foi asignarnos un buddy ou alumno/a do centro, que nos axudaba a localizar as nosas aulas. Despois de cada día lectivo, tiñamos unha actividade para que a xornada non se fixese aburrida. Rematado o día volviamos coa familia correspondente para descansar. Os sábados en vez de ir ao instituto, faciamos actividades para explorar o país. Os domingos quedabamos na casa todo o día para socializar coas familias e coñecer a vila ou cidade que nos tocara.

O 10 de outubro volvemos á nosa terra.

Encantounos e animámosvos a vivir esta experiencia.

 

 

Pablo Fernández Martínez 4ºB.