Pilar Carro: “É importante a formación do profesorado nas ferramentas STEAM”

Pilar Carro, profesora de tecnoloxía do noso centro de Erasmus! Erasmus + STEM é un programa onde unha serie de profesores viaxan a diferentes lugares de Europa para coñecer as diferentes formas de ensino e coller ideas.

Por outra parte o STEAM é o conxunto de certas materias, que conforman esta palabra xuntando as súas primeiras letras, as cales son: ciencia, tecnoloxía, enxeñaría , artes e matemáticas. Este conxunto realízase porque todas estas materias dependen as unhas das outras, xa que, por exemplo, se á enxeñaría lle quitamos as artes, non podería estar completa.

Chegou a participar nestas estadías de formación porque o centro estaba inmerso dentro dun programa da Consellería OBSERVA-ACCIÓN no que, ao comezo, o profesorado observaba para coller novas ideas e metodoloxías dalgunhas materias dentro do propio centro, despois ampliouse a Galicia, e máis tarde a outras comunidades autónomas … Deste modo, crearon un criterio que dicía que todos os centros que estivesen inmersos neste programa, farían varias estadías en Europa co obxectivo de formarse en metodoloxías STEAM.

Pilar opina que é importante a formación do profesorado dentro das ferramentas STEAM, xa que para poder ensinar tense que ter coñecementos da materia. Ademais desto, unha das ferramentas e dos obxectivos máis importantes do STEAM é aprender a aprender para poder evolucionar. Sobre todo tamén porque os contidos e as ferramentas STEAM están sempre en continuo desenvolvemento, e por este motivo é importante que a formación sexa continua e autodidacta.

Respecto ás diferenzas entre o noso instituto e os demais centros visitados, Pilar cóntanos que o centro ao que viaxou de Módena ten a asignatura de tecnoloxía, aínda que non como a que se dá en España. Porén , traballaban con case as mesmas ferramentas coas que traballamos no noso instituto. O de Bruxelas era un centro máis técnico, algo máis como FP pero tamén se utilizaban ferramentas parecidas ás que usamos aquí. Por último, en Finlandia, estivo nun centro de primaria e polo tanto non viron moito. Aínda así, Pilar saca a conclusión de que, despois de todo, se as ferramentas que utilizamos nós tamén son postas en práctica por outros países, non estamos tan mal respecto á forma de ensino.

A nosa profe de tecno destaca que, no Erasmus, reafirmou as ferramentas que aquí se están a utilizar. Ademais, aprendeu que, ao contrario de ter materiais dabondo para cada grupo do alumnado da clase á hora de facer proxectos (como sucede neste centro), noutros lugares tiñan menos materias que se repartían e compartían entre o alumnado a facer proxectos.

Por último, Pilar opina que o que deberiamos mellorar no noso IES é a cantidade de alumnado nas clases, xa que somos moitos. Ademais, tamén opina que noutros centros algúns profesores non traballan como deberían as súas materias. Tamén engade que a formación do profesorado debería de ser maior, xa que opina que é algo escasa e rápida. Finalmente di que os aspectos a mellorar no Erasmus son a observación das ferramentas utilizadas polos outros centros e a maior relación entre profesores e profesoras, xa que, por exemplo, agora pódense facer os cursos online e non se ten que viaxar alá obligatoriamente.

Aínda así, o Erasmus e o STEAM son uns programas interesantes que poden axudar moito á hora de coller novas ideas e ferramentas que aplicar á nosa forma de estudo e ensino.

Velaquí un resumo de una das estadías de Pilar.

https://view.genial.ly/5cda866554bdc10f6b041b98/learning-experience-didactic-unit-2a-movilidad-bruselas

Irene Jardón 3ºB, Fabiola Viñas 3ºA