Por fin chegou o día para o que levabamos conspirando máis dun mes porque queriamos despedir a Pepe ao grande pero sen que o o soubese e así foi. Conseguimos “enganarlle” para que subise á planta máis alta do centro coa escusa dun dano que só el podería arranxar ( como vén facendo desde hai máis de 30 anos…) e mentres o equipo directivo conseguimos colocar a todo o alumnado nas escaleiras para que, entre aplausos, chegase á cafetería onde lle homenaxeamos.
Foi moi emotivo e é que Pepe non se merece menos. Sen el, o noso centro non sería o que agora é. Durante moitos anos foi o responsable do seu mantemento sendo imprescindible cando os radiadores decidían non funcionar ou caía un andel e máis tarde dedicándose en corpo e alma na conserxería a peticións, ás veces surrealistas, de toda a comunidade educativa. Por todo iso, moitas grazas.
Botarémolo moito de menos pero tamén sabemos que o veremos a miúdo porque nos fará moitas visitas para darnos envexa, sa iso si, da súa nova vida de xubilado.
Deixamos o vídeo que lle fixemos e algunhas fotos deste día.




Almudena Lacomba. Vicedirectora