Pensamento diverxente

Pero, que é o pensamento diverxente e por que Piquico (responsable da exposición e profesor de Plástica) insiste tanto nel?

Os distintos “modos de pensar” son creados ao longo da nosa propia historia. A través das experiencias e situacións que tivemos que superar, dos saberes adquiridos na vida cotiá, incluso as actividades de ocio contribúen a desenvolver os nosos modos de pensar.

O soporte para o desenvolvemento das competencias básicas baséase nas formas de pensamento: reflexivo, analítico, lóxico, crítico, sistemático, analóxico, creativo, deliberativo e práctico, e as tarefas que realiza o noso alumnado identifícanse con un ou varios tipos de pensamento.

O pensamento creativo (diverxente) é quen mantén aberta a nosa mente a novas ideas. Na materia de Educación Plástica queremos mellorar o uso e comprensión do pensamento creativo porque abre novas portas, permitindo ampliar a nosa percepción o máximo posible.

O pensamento creativo hai que traballalo. Lembremos a célebre frase de Picasso:  “que a inspiración me encotre traballando…”.

pensamiento divergente _01_EDIT

TEXTO: Maria Alonso Fernández, Ana García Ben / FOTOS: Almudena Lacomba