Optatividade en segundo da ESO

Este ano os alumnos de segundo da ESO tiveron a oportunidade de elixir entre catro materias de libre configuración do centro dunha hora semanal. As materias eran: Proxecto integrado, Oratoria, Igualdade de xénero e Progamación.FOTO MATERIAS

Os estudantes de Proxecto integrado van facer un musical coas cantigas de Martín Códax. A este musical engadiránselle aspectos musicais modernos como o rap, baile e música de batería e piano. Os nenos e nenas farán todos os decorados, a indumentaria e crearán a historia.

O alumnado de Oratoria vai participar no concurso “ComunicaTedu”, que consiste en facer un vídeo tratando un tema proposto pola Dirección Xeral de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa.

En Igualdade de xénero, os rapaces e rapazas falan da desigualdade sexista que hai hoxe en día: estereotipos, dominación machista, discriminación, homofobia… e como combatela. Xa fixeron un vídeo no que dicían os nomes de todas as mulleres mortas neste ano.

Os nenos e nenas de Programación empezarán a programar utilizando a plataforma Scratc, un programa desenvolvido polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) para ensinar a programar aos máis novos dunha forma fácil e divertida. A través dese programa pódense crear historias, videoxogos, puzzles…

 

 

Iker Cameselle, Saúl Lago e Lucía Alonso.