Peche do curso

Como sempre o último día de clase a comunidae educativa do IES Carlos Casares pasa unha estupenda xornada nas Illas Cíes, e como tamén ven sendo habitual á volta xa temos as notas das ABAU.

O noso alumnado o primeiro día das probas

Todo o alumnado aprobado (en xullo tamén) e con bastantes boas notas. De feito somos o terceiro centro de Vigo con mellores resultados nesta proba, realmente o noso IES é o segundo xa que hai que contar co número de alumnado presentado (20 o centro concertado que aparece en segundo lugar e 44 nós). O ensino público está pois de noraboa: en primeira posición dous centros públicos.