Pechado por vacacións.

Rematou o curso e con el este número 25 de Manda Carallo, pero isto non sería posible sen todos e cada un de vós, membros do consello de redacción: Ana, Antía, Blas, Bruno, Carla, Claudia, Elena, Enrique, Iria, Jorge, Julia, Lara, Lidia, Lucía, María A., María V., Ruth, Sara e Vanja.

Podedes estar orgullosos de serdes os artífices deste número 1 dixital da nosa revista. O noso agradecemento tamén para todos os colaboradores (alumnado e profesorado) que coas súas fotos, vídeos ou textos enriqueceron o noso traballo (os seus nomes sempre aparecen ao final de cada noticia), a Cristina de la Torre por transmitirnos a súa sabedoría e a Leandro por estar sempre aí.

Bo verán e ata o próximo curso!