PAZ

IMG_1592

Con motivo do día escolar da Paz, 1º da ESO C, na materia de Valores Éticos, realizou un caligrama cos nomes das 98 persoas e 20 organizacións ás que se lles concedeu o premio Nobel da Paz (concédese á persoa ou organización que traballe máis ou mellor en favor da fraternidade entre as nacións, a redución de exércitos e a celebración e promoción dos procesos de paz) desde o ano da súa creación, en 1901, ata o ano 2016.

No caligrama recoñécese a famosa pomba de pablo Picasso, pero como chegou ese debuxo a ser o símbolo internacional da paz? No ano 1949 convocouse o Primeiro Congreso mundial pola Paz en París, tras o chamamento mundial, no ano anterior, para evitar novos feitos que acabaran noutra guerra. A este congreso asistiron grandes personalidades como o cantante norteamericano Paul Ruberson, o científico francés Frederic Joliot Curie e o artista Pablo Picasso, entre outros. Picasso comenzou a debuxar pombas e unha delas utilizouse para o cartel de dito congreso a nivel mundial.

Nese mesmo ano, Picasso tivo unha filla á que chamou Paloma en honra a este símbolo. Máis adiante Paloma terá una filla á que chamará Paz.

A pomba cunha rama de olivo no pico é un símbolo relixioso cristián que ten a súa orixe no relato do “Diluvio Universal” no que Deus fixo chover intensamente sobre a terra. Despois de corenta días, unha pomba foi a encargada de ver se as augas baixaran na superficie da Terra, a pomba volveu ao cabo de sete días traendo no seu pico unha rama de olivo, significando que Deus estaba de novo en paz coa humanidade.

Alejandro Feijoo, Erea, Eva, Hugo Jerges e Olalla. 1º ESO C