Pre-Nadal sobre xeo!

Os alumnos e alumnas de primeiro da ESO, como anticipo das vacacións de Nadal, e para celebrar que os exames xa estaban rematados, fomos patinar sobre xeo… foi incrible! Tamén visitamos o centro comercial A Laxe e o museo de A Fundación.

Ao comezo algún de nós estabamos moi nerviosos e nerviosas… pero ao final rematamos pasándoo moi ben! Cando saímos do autobús reunímonos todas as clases e fomos camiñando á pista. imaxeDespois de formar unha cola, e de dicir o noso número de calzado, recollemos os nosos patíns, puxémolos, e comezamos a patinar… Mira que non houbo caídas! Pero todas foron moi divertidas. Os que sabían patinar ensinábanlles aos principiantes, e todos e todas rematamos aprendendo algo!!!

Despois desta grande experiencia, fomos ao centro comercial A Laxe, e tivemos vinte e cinco minutos para camiñar polo primeiro andar. Os que tiñamos un antollo, mercamos algo.

Logo tocounos camiñar un pouco, ata chegar ao museo A Fundación. Alí tivemos que dividirnos en dous grupos para facer diferentes actividades. Un dos grupos falou dos selfies e fixo un cartel no que tiña que pór unha caricatura e as cousas que se din nas redes sociais e, na outra cara do cartel, exemplificar utilizando debuxos como son as cousas en realidade. A actividade que fixo o outro grupo foi resolver un misterio sobre quen ou que cousa roubara un paraugas especial dun cadro. Coas pistas e cos cadros que tiñamos, comezamos a investigar. Con esta actividade tamén aprendemos moitas cousas sobre os cadros e os diferentes selfies que dende a antigüidade estaban neles.

En resumo… pasámolo xenial!

Irene Jardón.