París: unha experiencia única

bc4749a1-4f24-4bb6-adbe-ebb371a7d845Visitar París e volver coa retina chea de lembranzas dos museos e dos monumentos, sería o máis lóxico, pero o certo é que volvemos a Vigo cheos de momentos irrepetibles e únicos.

Houbo mil problemas, algunha discusión e agora decatámonos de todos os momentos que puidemos aproveitar. Agora xa non importa, é o de menos. Agora importa reunirnos, ver os ollos brillar ao reunirnos e lembrar as risas cando espertabamos todos xuntos vendo a neve caer, fuxir do garda do hotel (alcumado por nós como “O Chino”), a música ata a madrugada e quedarmos durmidos no hotel, a guerra de bólas de neve ata rematar conxelados, cantanto e intentando esquecer o frío.

Cada un de nós viviu a súa propia viaxe mais estou segura de que ninguén usou decentemente o francés e todas as experiencias foron incriblemente únicas.

María Alonso. 1º Bacharelato.