Os “Robots” do Casares

O pasado venres 26 de Abril, o alumnado de 1º de Bacherelato que cursa robótica presentouse a unha competición a nivel rexional de programación de robots. É a quinta vez que se celebraba en Galicia e conta xa con 171 equipos, entre os que nosos estudantes quedaron segundos.

A competción organizada pola Escola de Enxeñería Industrial, conta con varias fases:

-As preliminares, nas que tiñan que construír varios robots e logo programalos: o primeiro tiña que seguir unha liña no chan; mentres que o segundo tiña que varrer unhas latas.

-As finais, tiñan un obxectivo parecido, pero foron maís complicadas, xa que só quedaban os mellores participantes e aumentou o número de latas.

Tamén separaron aos competidores en dous grupos, para non estaren desigualados, en WALL-E, formada polo alumnado da ESO e Bacherelato; e a R2D2, na que participaron mozos e mozas de FP e ciclos.

Tags: