Os nosos londinenses

Xa sabedes o moito que nos gusta facer artigos sobre o noso alumnado, por iso hoxe ímosvos falar sobre unha excursión que fixo o noso alumnado. Os nosos rapaces de 4º da ESO foron a Londres o martes 26 de marzo despois dunha longa viaxe desde o Casares ata Oporto e deste ao aeroporto de Londres. Chegaron á cidade con moito cansazo e fame.

O hotel no que se hospedaron recibiunos cos brazos abertos, aínda que estaba un pouco sucio e tiña unhas normas bastante estrictas.

Na súa estadía, percorreron moitas das rúas da cidade para que todos os días puidesen alimentarse e encherse de coñecemento sobre a gran historia de Londres. Tiveron a grande oportunidade de estar en varios museos entre os que se atopan o British Museum, o National Gallery e o Natural History Museum.

Ademais de contemplar estas obras de arte, tamén puideron ir de compras en Oxford Street, o mercado de Candem e o Borough Market, a parte de poder observar os indescriptibles monumentos de Londres, caso da Tower Bridge, a torre de Londres, o Buckingham Palace e o St. James´s Park.

E sen dúbida o que máis contentou aos alumnos foi o London Eye onde fixeron fotos coas incribles vistas que puideron gozar durante 30 minutos e os percorridos no metro, posto que era unha experiencia nova para eles.

Grazas polo voso tempo e gozade destas imaxes: