Os haikus no Carlos Casares

O haiku é unha estrofa poética orixinaria da literatura xaponesa clásica que pretende expresar en tres versos de cinco, sete, cinco sílabas un sentimento breve e sincero, que xorde da comtemplación da natureza ou de sentimentos como o amor, a morte, a tristeza ou da dor. Este tipo de poema non ten rima e contén un kigo ou palabra que indica a estación á que se refire o haiku, e unha cesura ou pausa verbal tamén coñecida como kiro.

Matsu Basho  foi un monxe budista que fixo populares os haikus en Xapón no século XVII. Nesa época, o haiku vinculouse ao zen, pois este o utilizou para dinfundir a súa filosofía.    A partir de entón o haiku pasou a ser parte da literatura xaponesa.

Era costume entre os xaponeses que, antes de morrer, elaboraban un Haiku como despedida da vida.

Os escritores deste tipo de  composición poética recibían o nome de haijin, e o debuxo que o acompañaba, haiga.

Luis Cernuda, o gran escritor que deu España para que todos nós puideramos gozar das súas belas creacións, quixo ser unha das persoas que, ao longo da historia, elaborou beleza a través deste particular tipo de poesía; e así dar á súa terra e ás persoas, máis composicións coas que deleitarnos. Un deles é:

“Él lo deseaba

más normal y más libre

a su magnolio”

Este tipo de poesía foi protagonista dun concurso do noso instituto o ano pasado, coa temática dos diferentes programas do plan proxecta no que traballamos cada un dos oito cursos. Os oito programas son Salvavidas, Clases sen fume, Galicóns, Quérote, Por 365 días de respecto e igualdade, Montenterate, O monte vivo e Meteoescolas.

Este curso volve celebrarse pero cunha temática moi diferente: o Haiku podía versar sobre a temas matemáticos  ou tema libre. Este ano, a gañadora en tema libre foi Sonia Meijide de 1º A; e a gañadora do tema matemático foi Lara Pampillón de 1º A. Os nosos parabéns para elas.

FOT_Artes_23032015_haiku gañadoraxeral Sonia Meijide de 1ºA_03_Almudena Lacomba_EDIT

Haiku gañador de temática xeral, Sonia Meijide de 1º de ESO A

 

TEXTO: María Vila. Foto: Almudena Lacomba