Os desastres tecnolóxicos de 2014

Este pasado ano 2014, foi un dous peores para a tecnoloxía de ocio de todo o mundo.

O 2014, pasará á historia como o ano no que Apple presentou o seu Iphone 6, bromas á parte con respecto á súa flexibilidade, e no que XBOX rompeu todos os récords posibles co seu XBOX ONE, afundindo as vendas do seu principal inimigo, a PS4. Non obstante hai produtos que máis que ser produtos estrela, se estrelaron, así que imos coñecer algúns dos desastres tecnolóxicos do pasado 2014.

-Amazon Fire Phone, ninguén esperaba un éxito da chegada de Amazon ao mundo móbil e así foi, o Amazon Fire Phone cunhas funcións 3D practicamente de adorno, tivo unhas vendas tan baixas que Amazon tivo que poñer descontos constantes para que o fracaso non fose tan estrepitoso.

– Novo Software de Apple, sobre todo a desastrosa saída de iOS 8.0.1, que bloqueou a función de rede móbil de moitos teléfonos e por outra parte, os problemas de conectividade WiFi que sufriu iOS X.

-E seguimos coa telefonía móbil, xa que o Nokia X pasou sen pena nin gloria ao longo deste ano 2014, o principal problema foi presentar un teléfono con Android case á vez que a compañía era comprada por Microsoft, polo que o teléfono actualmente opera con Windows Phone.

TEXTO: Enrique Rabadán