Os comezos de Marcial

Marcial Ramón Rodríguez Quintana é un exalumno que estivo no noso centro. Durante os seus seis anos de paso polo noso instituto foi membro colaborador da revista, un traballo que lle supuxo gañar en moitas ocasións premios literarios polas súas narracións. Dende que terminou o bacharelato está entrando a pasos axigantados no mundo da música. Xa dende pequeno comezou a tocar diferentes instrumentos (saxofón, piano e guitarra). Hoxe en día dedícase principalmente ao saxofón alto e é un dos compoñentes dun grupo de jazz, así como tamén da banda de música UVCD Candeán. Tamén dá clases de música. O seu último proxecto foi facer xunto con Dislexei un disco de dezasete cancións orixinais e cun toque persoal. O título: ”A quien madruga Dios l’apoya”. O seu nome artístico é Marzontxo. Aquí deixamos un enlace onde se poden atopar as cancións deste disco:

Na imaxe pódese apreciar o nome do disco xunto coas cancións que o integran. O noso exalumno é o da esquerda da imaxe. http://www.youtube.com/playlist?list=PLrOHsWdzrNHiNztezrh27L_kYUCqKlzlar.                    screenshot_2016-11-14-15-54-42

Kevin Pérez e Anxo Rodríguez.

2º ESO C.

Tags: ×