Á neve con terceiro

IMG-20180124-WA0020 Hai dúas semanas o alumnado de 3º de ESO foron a aprender a esquiar á estación de esquí de Leitariegos. Marcharon ás 9.00 h da mañá o luns 22 de xaneiro e volveron o venres da mesma semana, esgotados. Comezaron cuns xogos o luns tirándose neve e lanzándose ladeira abaixo coa pala. O martes moi cedo comezaron as primeiras leccións e as primeiras caídas. Despois de dúas horas de clase os profesores deixáronlles tempo de esquí libre para que practicasen. Pola tarde os nenos fixeron unha andaina ata o lago xeado da montaña. O mércores, xoves e venres despois das dúas horas matutinas de clase fixeron todo o día esquí, ascendendo pistas e aprendendo a evitar caerse. Polos seráns, participaron en diferentes actividades divertidas e graciosas como”Rommel e Montgomery”. Este é un xogo de estratexia que consiste en matar a bandeira do equipo inimigo; hai distintos rangos e dependendo do rango que teñas podes matar máis ou menos persoas. Outro xogo distinto é o”kia”. Nel tes que intertar liar o teu rival cos teus movementos. Os movementos posibles son: Kia, handom, abuelita e splash máis algún nome. Os alumnos pasárono moi ben e divertíronse moito.

 

 

 

Feito por Daniel Bugallo e Pablo Fenández.