Quérote, Salvavidas, Clases sen fume…O alumnado do IES inmerso no plan proxecta

 

Clases sen fume

Un dos  proxectos que ano a ano desenvolvemos no noso IES en 1º de ESO e, como todos sabedes, baséase na prevención do tabaquismo dende o compromiso individual e colectivo de non fumar. Facilita  a presión  positiva xerada pola complicidade do grupo e a súa titora ou titor, reforza a confianza nun mesmo e nos demais,  e utiliza a recompensa como incentivo.

Velaquí os dous  traballos realizados en 1º C e cordinados pola profesora Beatriz.

LEMA: Cambia ese apestoso fume por un delicioso zume.

ACTIVIDADE CREATIVA: Regueifas

 

Quérote+

Proxecto Ciclo de Vida Adolescente desenvolvido  en 3º de ESO. Cada ano escolar, o centro  opta por un itinerario  diferente. Este ano e, dentro da modalidade “ Coñecéndonos”, estase dando valor á convivencia e á diversidade cunha especial atención á autoestima como fío condutor.

Cordinado por Rosa, o alumnado comezou realizando unha valoración da súa autoestima: estudaron, cos seus titores, os mecanismos que a súa mente desenvolve e que conducen a unha perda progresiva da valoración que cada un fai de si mesmo.

O alumnado de Avelino e Rosa elaborou unha enquisa sobre autoestima para todo 3º de ESO, recontaron e fixeron as gráficas.

En Plástica, con Ángel, traballaron ilustrando diferentes relatos que falan da autoestima. Velaquí un dos relatos traballados e a súa ilustración:

O reflexo

Ao falecer Narciso, as flores dos campos quedaron desoladas e solicitaron ao río gotas de auga para choralo.

– Oh! –respondeulles o río– malia que todas a miñas pingas de auga se convertesen en bágoas, non tería suficientes para chorar eu mesmo a Narciso: eu amábao.

– Oh! – dixeron as flores dos campos –
– Como non ías amar a Narciso?
–

Era fermoso.

– Era fermoso? – preguntou o río.

– E quen mellor ca ti para sabelo? – dixeron as flores
–. Todos os días

inclinábase sobre o teu ribazo, contemplaba nas túas augas a súa beleza…

– Se eu o amaba – respondeu o río – é porque, cuando se inclinaba sobre min, vía eu nos seus ollos o reflexo das miñas augas.

 

Ilustración de Ana María Patón 3ºB

Salvavidas

O obxectivo central deste programa é a creación dun proxecto interdisciplinar que traballe a doazón e o transplante de órganos dende diferentes perspectivas: que o alumnado sexa quen de valorar os beneficios para a cidadanía respecto ao fomento da doazón de órganos.

Cordinado por Teresa (Ciencias) e traballado en CMC e Relixión, o alumnado de 1º de bacharelato realizou unhas estupendas curtametraxes dende diferentes puntos de vista.

Velaquí algúns exemplos:

-Doar sen prexuízos

-Órganos anónimos

 

 

 

 

 

TEXTO: Julia Villasur / VIDEO: Beatriz, Almudena Lacomba (Clases Sen Fume) Teresa Pérez, Almudena Ocejo (Salvavidas)