Obradoiro moi útil no Casares


O pasado martes 10 de novembro, os alumnos e alumnas dos grupos 4º D e 3º B tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro didáctico: aprendéronnos a preparar unha crema hidratante dun modo sinxelo, e empregando material e compoñentes fáciles de atopar. Deste xeito poderiamos facela na nosa casa sen dificultades.
Reunímonos no laboratorio de Química e unha persoa explicounos paso a paso a preparación. Pasounos voando o tempo xa que a charla foi moi entretida.

Para quen lle poida interesar deseguido indicamos a receita, os ingredientes e mais a proporción destes:

INGREDENTES:
70 % de FASE ACUOSA (H2O, infusión)
25 % de FASE OLEOSA (aceite de oliva enriquecido con caléndula)
5% EMULXENTE (cera de abellas)

PROCEDEMENTO:
1º Medir e pesar as cantidades necesarias
2º Nun recipiente bótase a auga e noutro o emulxente con cera de abella e quéntase a baño maría (temperatura non superior a 60 ºC)
3º Mestúranse a fase acuosa e mais a fase oleosa e engádenselle unhas pingas de aceite esencial de cítricos para que teña a crema un olor rico
4º Bátese devagar a mestura co batedor ao mesmo tempo que se arrefría nun baño de auga.
5º Ao espesar a crema, pásase a un recipiente, péchase e xa está lista para ser usada.

 

[wzslider]