Meteoroloxía en profundidade

 

Exposición na entrada do centro

Durante o mes de xuño pódese ver o traballo realizado polo alumnado de 2º de ESO C, 3º D e 4º de Física e Química, ao longo deste curso e dirixidos por Ana Barcón, Pilar Pazos e Carlos Paz, dentro do programa Meteoescolas.

 

E ademais, coa inclusión de refráns que falan dos nosos costumes, realizados por 1º de ESO, dirixidos por Beatriz e procurados na biblioteca do centro.

 

Un completo e multidisciplinario traballo sobre meteoroloxía, moi útil para coñecer mellor o noso clima e aprender sobre os diferentes aparellos para medir.