O Samagostín

O mércores 31 de outubro celebrouse o Samagostín no noso IES.
O Samaín é una festa orixinaria do pobo celta. Eles crían que a noite do 31 de outubro o portal que había entre o mundo dos mortos e o mundo dos vivos desaparecía. Na véspera de Samaín, as almas dos mortos regresaban para visitar o mundo dos vivos. A tradición de facer o truco-trato en Galicia, provén, de que antigamente, a xente deixaba doces fóra dos fogares para manter os espíritos contentos.
No Carlos Casares facemos una festa onde xuntamos o Magosto e o Samaín, de aí o nome de Samagostín.
O alumnado tivo que esperar ata a cuarta hora para comezar a festa, xa que antes había clase. Ao comezo da festa, o alumnado viu unha película, nas súas respectivas aulas, relacionadas coa atmosfera desta festividade: La novia cadáver, Frankenweenie, O Apóstolo, El orfanato, Déjame salir, El exorcista e Expediente Warren.

No concurso de disfraces, os gañadores foron:

Categoría 1º, 2º e 3º ESO: Abner Calderwood (jocker) 3º de PMAR
Categoría 4º ESO e Bacharelato: A comparsa formada por María Teijeira, Iliana Durán, Andrea Carpintero e Jose Luis Mújica (1º Bacherelato) que ían disfrazados de Día dos Mortos Mexicanos.

Samagostín18bis

Os alumnos de 1º de Bacharelato nos recreos estiveron vendendo doces caseiros para recadar diñeiro para a súa viaxe a París. Tamén fixeron castañas asadas que non resultaron moi sabrosas.

No concurso de cabazas resultaros gañadoras as de Carla Cruz de 2º de ESO e Eva Mateos de 1º de ESO.

Calabaza4Samagostín18

Calabaza2Samagostín18

Carlota Salgado e Irene Jardón.