O sangue, os coches e a auga movéndose coas matemáticas da mesma familia.

O xoves día oito de xaneiro os alumnos de 1º de bacharelato que cursan matemáticas foron congregados no auditorio do noso centro. Nel a profesora, Elena Vázquez Cendon, do Departamento de Matemática Aplicada da universidade de Santiago impartiunos un relatorio coa finalidade de amosarnos as aplicacións das mates á vida real.

A conferencia, que durou aproximadamente unha hora, dividiuse en tres areas de coñecemento: álxebra, fractais e xeometría. A profesora comezou cun preámbulo no que explicaba a importancia da materia, e a capacidade desta para dilucidar o mundo que nos rodea inda cando cremos coñecelo grazas ós sentidos. Apoiábase para isto último na posibilidade que temos de ver un duplo de galaxias idénticas cando ambas son imaxes dunha soa (a luz non se transmite en liña recta).

Respecto á materia de álxebra, destacou un vídeo onde podiamos ver un péndulo común (elemento determinista) e un péndulo dobre (no cal só é determinista o primeiro, mentres que o segundo, o que se atopa mais afastado do punto de fixación, é caótico). A mestra explicou como se baseaban nos fractais a biomecánica, a mecánica de fluídos, o voo dos avións (a capacidade para prever turbulencias) ou a música dalgunha canción. Do derradeiro punto, xeometría, centrouse na navegación, cartografía e arquitectura. Para verificar a súa importancia expuxo os exemplos da ponte de Tacoma ou dos descarrilamentos dos trens (ambos evitables de se usar correctamente as ecuacións).

FOT_DíaaDía_08012015_Sangue_01_PhotoBucket_EDIT

TEXTO: Aniana Castro Román 1ºF / FOTOS: www.PhotoBucket.com