A reciclaxe importa

O día 16 de febreiro o alumnado de 2º de ESO asistiu a unha charla sobre  reciclaxe. Os relatores ensinaron algúns pasos para que a nova sociedade aprenda a reciclar e deron consellos de como volver empregar os materiais logo do seu primeiro uso.

Aclararon que cousas se podían tirar nos colectores do lixo e que cousas non se podían tirar. Indicaron tamén que tipo de lixo se podía tirar en cada un dos colectores existentes na nosa cidade.

Ademáis déronse tips e retos para os nenos.

Ao final da charla repartiron uns funís que se podían enroscar nas botellas e así darlles un novo uso.

mesa1

Mesa-revisteiro realizada por nós con palets