O Pergamiño Vindel chega a Vigo

En 1914 foi descuberto un piar da literatura galega. Pedro Vindel atopou un documento na súa librería que estaba como forro dun libro de Cicerón. Ese documento foi o Pergamiño Vindel (bautizado en nome de Pedro) que recollía sete cantigas, das cales seis delas tiñan notacións musicais, que era unha cualidade que corvertía o documento en algo infrecuente. Na parte superior esquerda aparece o nome do autor destas cantigas de amigo, Martin Códax. A súa orixe suponse que foi a finais do século XIII.

Despois de case viaxar por todo o mundo, finalmente en 1977 foi comprado pola Morgan Library de Nova York. Este 26 de setembro foi prestado ao seu lugar de orixe, ao que fai referencia nas súas cantigas. O museo do Mar de Vigo contará co Pergamiño para aumentar a súa exposición, e nós tivemos a oportunidade de velo.

O centro organizou dúas visitas, para 3º da ESO, o grupo de proxecto de 2º da ESO e 1º de bacherelato. Comezamos esta excursión cunha visita guiada a través do museo, rematando no acuario. Antes da visita ao Pergamiño Vindel, disfrutamos dunha clase didáctica sobre diversas características da Idade Media, dende as diferencias culturais entre cristiáns e musulmáns ata os materiais empregados para escribir documentos na antiguedade. Finalmente chegou a hora do Pergamiño Vindel, a través dunha vitrina puidemos ver todos aqueles detalles que non se podían apreciar en imaxes.

462px-Martim_Codax_Cantigas_de_Amigo

Paula Pérez Guerra, Xosé Andrés Cruz Alonso 3ºC.